29.12.08

Festival de Nadal

PRIMARIA

Os día 18 e 19 decembro celebrouse no colexio o tradicional festival de nadal. O dezaoito pola mañá comezaron os nenos e nenas de infantil e o dezanove, tamén pola mañá, o alumnado de primaria tivo tempo de cantar panxoliñas, interpretar obras de teatro e bailar ao ritmo de coñecidas bandas sonoras .




INFANTIL

18.12.08

OS REIS MAGOS VISITAN O CEIP BERGANTIÑOS

O xoves 18 de decembro as Súas Maxestades de Oriente viñeron a visitar ao noso alumnnado. Atenderon amablemente as peticións dos nenos e nenas e quedaron de volver moi pronto cheos de agasallos para todos.Proximamente poderedes ver as fotos...

Contacontos no Pazo da Cultura.

Durante o mes de decembro na sala da baixocuberta do Pazo da Cultura de Carballo acóllese a exposicion 'Cantar e contar. Ler na nosa lingua' -da editorial Kalandraka.

O alumnado do noso colexio participou destas actividades: contacontos, obradoiro de escrita,... e a súa valoración foi moi positiva.


14.12.08

Material escolar

Acabamos de elaborar uns materiais para lembrar o vocabulario da escola. Podedes atopar: encrucillados, barullos de letras, un xogo do Pasapalabra,...
Vocabulario da escola
View SlideShare document or Upload your own.

Guía de Nadal 2008 elaborada polo Equipo de Biblioteca e polo ENDL do C.E.I.P. Bergantiños

Check out this SlideShare Presentation:

LAXEIRO

Os nosos alumnos elaboraron dous murais xigantes para recrear a obra de Laxeiro, con motivo do seu centenario. A profesora Bea botou unha man cos deseños e o resultado foi espectacular. Mirade o traballo final. A verdade é que no Bergantiños hai moita arte!


BubbleShare: Share photos - Easy Photo Sharing

13.12.08

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL


Como neste trimestre estivemos traballando coa obra de Laxeiro, o ENDL decidiu organizar un CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL. Os traballos debían basearse nas técnicas e cadros deste famoso pintor galego. Houbo unha grande participación e os nosos pintores deron boa mostra da súa creatividade.

O gañador foi Enrique Aldao de 5º curso. Noraboa Enrique!!!!
BubbleShare: Share photos - Find great Clip Art Images.

A PISTA DE XEO



O pasado venres 12 de decembro o alumnado do colexio pasouno en grande patinando na pista de xeo que había instalada preto do colexio.
BubbleShare: Share photos - Play some Online Games.