27.12.09

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

ENTREGA PREMIOS POSTAIS DE NADAL on PhotoPeach

As postais premiadas podedes velas un pouquiño máis abaixo.
Noraboa a tod@s e grazas por participar!!!

22.12.09

FESTIVAL DE NADAL- PRIMARIA

Hoxe martes 22 de decembro celebramos o FESTIVAL DE  NADAL de primaria no PAZO DA CULTURA. Houbo actuacións para todos e incluso un programa de televisión!!!
Panxoliñas, bailes modernos, cancións de nadal, etc acapararon a atención do numeroso público asistente.
Podedes ver algunhas das fotos aquí abaixo!



OS REIS MAGOS VISITAN O COLEXIO!

O pasado xoves 17 de decembro as súas Maxestades de Oriente chegaron para facer unha visita aos nen@s do colexio. Estiveron moi atentos ás peticións do alumnado e repartiron caramelos coma de costumbre. Foi unha tarde moi emocionante, incluso para a nosa Nati que tamén fixo a carta e ensinoulla aos Reis Magos. Que sería o que pediu Nati???

18.12.09

RECEITARIO DE NADAL

Xa está a vosa disposición o receitario de nadal elaborado coas receitas que se recolleron estes días no colexio. Agora é unha boa oportunidade para aproveitar e experimentar con estas receitas que chegan dende moitos puntos do mundo, mundial. Atrevédesvos????

16.12.09

O APALPADOR. O MÍTICO PERSONAXE QUE VEN APALPAR AS BARRIGUIÑAS DOS NENOS E NENAS GALEGAS POLO NADAL


Nos últimos anos nas vilas de Galiza estase a recuperar o mítico personaxe do Apalpador, un personaxe que vivía nas altas montañas das serras orientais de Galiza e que nos días do inverno baixa ás aldeas e vilas dos vales para apalparlles abarriguiña ás meniñas e aos meniños por ver se comeran ben durante todo o ano, achegándolles castañas e agasallos feitos a man.

O Apalpador, de profesión carboeiro, mora nas devesas das montañas do Caurel e outras serras orientais da Galiza e caracterízase fisicamente por ser un xigante bonachón que viste boina e traxe esfarrapado e con remendos, fuma en pipa e se alimenta con bagas salvaxes e os porcos bravos que caza no monte.

A historia é a seguinte:

A noite do 24 de decembro baixa da súa escura morada para visitar aos nenos e nenas galegas, e chega cando estes están xa durmidos. Apálpalles a barriga para ver se están fartos ou teñen fame ( de ahí o seu nome). Se o caso é o primeiro di: “ Así, así estéas todo o ano”, e deixalle unha presiña de castañas. Se pola contra, están famentos, fica calado e deixalle tamén unha man chea do froito do castiñeiro.

As veces coa emoción que produce nos cativos a chegada deste ser, non poden durmir, co que os máis vellos da casa cántanlle cantigas coma esta:

Vaite logo meu ninín/niniña
marcha agora para a camiña
que vai vir o Apalpador
a palparche a barriguiña.
Xa chegou o día grande
día do noso Señor
xa chegou o día grande
e vai vir o Apalpador.
Mañá é día de cachela
e haberá gran nevarada
e ha vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
Por aquela cega
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.

Hoxe os tempos mudaron, asi que ademais de castañas o apalpador pode traer algún xoguete. Máis a diferenta doutros personaxes como o Pai Noel, estes serán sempre de fabricación caseira ou reutilizados, creando nos máis pequenos a conciencia de que para pasalo ben non é preciso ter moitos agasallos novos.

Nestes tempos de Nadal consumista, o Apalpador recupera unha figura da nosa tradición relacionada co Pai Inverno e mesmo co propio Papá Noel, propia dos pobos preindoeuropeos e espallada por toda Europa, quizais relacionada cos ancestrais cultos á divindades do Inverno, protectores das colleitas e do gando, mais que por influencia do cristianismo foi desaparecendo paseniño.

Recuperar o Apalpador é un acto de reivindicación da memoria do noso país, das nosas tradicións; é un acto de defensa da nosa identidade. Recuperar o Apalpador, ademais, é un acto de reivindicación dun consumo solidario e responsable.

ENLACES:

PÁXINA WEB OFICIAL

http://www.apalpador.com/


MATERIAL PARA A RECUPERACIÓN DA FIGURA DO APALPADOR

http://galiza.indymedia.org/media/2009/12//21757.pdf

http://www.vieiros.com/vieiros-da-escola/index.php?id=8

CONTO DO APALPADOR

http://www.apalpador.com/apalpador.pdf


IMAXES

http://www.apalpador.com/parabaixar

LÁMINAS

http://www.apalpador.com/node/20

WEBQUEST 1º CICLO DE PRIMARIA

http://centros.edu.xunta.es/ceipfrian/phpwebquest/caza/soporte_tablon_c.php?id_actividad=15&id_pagina=1

VIDEO APALPADOR EN COMPOSTELA

http://www.youtube.com/watch?v=wqdsx5QbH40

15.12.09

POSTAL GAÑADORA DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

A postal gañadora, como vedes moi "caseira", pertence a unha nena de 6º de primaria.
Parabéns!


Con ela o ENDL do C.E.I.P. Bergantiños querevos desexar aos que nos visitades un bo nadal e un feliz aninovo 2010 cheo de sorrisos e felicidadeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeee.

RESOLTO O CONCURSO DE POSTAIS NADAL 2009

Aqui tedes as postais finalistas do Concurso de Postais do Nadal 2009:




Guía de Nadal 2009


O Nadal xa chegou e con el as nosas guías de lectura para este tempo. Estas son as novidades que vos recomendamos e esperamos que vos gusten. Lembrade que polo Nadal un libro é un agasallo estupendo!!! Con eles podemos deixar viaxar a imaxinación e chegar a lugares marabillosos...

Check out this SlideShare Presentation:

2.12.09

SIIIIIIIIII......CONSEGUIMOS O PREMIO DE INNOVACIÓN



CASAS DE AQUÍ E DE ACOLÁ

A Consellería de Educación premia os mellores proxectos de innovación en normalización lingüística
•Á convocatoria da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa presentáronse un total de 68 traballos, o que supón un aumento da participación do 340% respecto da media dos anos anteriores
agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG
•Debido ao número de proxectos e á súa calidade concedéronse sete premios e mais un total de catro accésits, de 3.000 e 1.000 euros cada un, respectivamente

 

• O fin destes premios é fomentar o desenvolvemento de proxectos educativos innovadores que favorezan a extensión do uso do galego

Os galardoados deste ano, un total de sete, foron o CEIP Aguiño, de Ribeira, por Mar de mulleres asolagadas; o CEIP A Gándara, de Carballo, co proxecto Mergullados nos mares da palabra; o CEIP A Pedra, de Bueu, polo traballo Galegos e galegas de aquí e acolá; o CEIP Bergantiños, de Carballo, que se presentaron con Casas de aquí e acolá; o CEIP Quintela, de Moaña, por En galego pola rede; o IES Menéndez Pidal, da Coruña, polo proxecto A aldea global: Galicia é máis Galicia cando é todos os mundos; e finalmente, o IES Sardiñeira, tamén da Coruña, premiado por LinguaTIC@s.
Debido á calidade e a cantidade de proxectos presentados este ano concedéronse un total de catro accésits, que foron para o IES Félix Muriel, de Rianxo, polo traballo Abrindo portas en galego; para o IES Perdouro, de Burela, que presentou o proxecto Dinamización Lingüística de Burela; para o IES Rodeira, de Cangas, que fixo Vivir en galego. Queremos. Podemos; e mais para o IES Porto do Son, de Porto do Son, polo traballo 2010. Vinte dez.Cada un dos sete premios contan cunha dotación económica de 3.000 euros, mentres que os accésits levan 1.000 euros cada un. O profesorado implicado na elaboración de todos os proxectos galardoados recibirá unha xornada de formación na que tamén poderá compartir as súas experiencias. Ademais, as experiencias dos proxectos premiados serán difundidas a través da rede e publicaranse os materiais educativos producidos no web de Política Lingüística, www.xunta.es/linguagalega, e no enderezo da Consellería de Educación, www.edu.xunta.es/portal.

Un aumento da participación do 340%
O número de proxectos presentados este ano foi de 68, o que supón un aumento da participación do 340% respecto da media dos anteriores cursos académicos, que era de 20 traballos. No que respecta ao nivel educativo, a participación é moito maior en centros de ensinanza infantil e primaria, dos que proceden 50 proxectos. Os 18 traballos restantes son de centros que imparten educación secundaria. Por provincias, en Pontevedra rexistrouse a maior participación, cun total de 32 proxectos, seguida da provincia da Coruña, con 24. Os proxectos procedentes da provincia de Lugo foron un total de 8, mentres que de Ourense presentaron 4 traballos.

Esta convocatoria da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria constitúe unha iniciativa que busca fomentar o uso do galego oral tanto dentro coma fóra das aulas, así como o achegamento á realidade sociocultural de Galicia a través de proxectos educativos innovadores. Ademais, estes premios teñen o valor engadido de promoveren a utilización das novas tecnoloxías e a implicación de entidades culturais, asociativas, empresariais, recreativas e deportivas.

NORABOA A TODOS OS PREMIADOS!!!!!

15.11.09

Exposición fotográfica: CASAS DE AQUÍ E DE ACOLÁ



Outra das actividades levadas a cabo polo ENDL é a organización dunha
exposición fotográfica

sobre distintos tipos de casas que podemos atopar en calquera punto de Galicia. Nós xa temos recollidas imaxes pero todos podedes participar facendonos chegar fotografías, recortes de revistas, postais,... de casas que chaman a atención por algún motivo.
Tedes no corredor de entrada unha caixa de correos onde podedes botar as vosas imaxes!!!

Esperamos a vosa participación, metras tanto podedes ir vendo...



CASAS DE AQUÍ E DE ACOLÁ. UN PASEO POLA HISTORIA

Queres coñecer como vivían os nosos antepasados? Ao mellor queres saber como era a vida na época dos castelos? Non, non, igual queres saber cales son as novas tendencias na arquitectura actual? Ou,.. como serán as vivendas do futuro?
Ven de paseo connosco e aprenderás moitas cousas interesantes!!!



Podes visitar a nosa exposición xunto á biblioteca...

Samaín 2009!!!

Xa están aquí as fotos das cabazas máis arrepiantes!

30.10.09

Xa chega o SAMAÍN ao Bergantiños!!!

Esta semana imos celebrar o III concurso de cabazas CEIP BERGANTIÑOS. Ide preparando os aparellos e mans ás cabazas. Lembrade as normas do concurso e que haxa sorte. Díxome un paxariño que habería moitos agasallos.... Schhhhssssssssssssssss.


23.10.09

III CONCURSO DE CABAZAS: CEIP BERGANTIÑOS



BASES

  • PODERÁ PARTICIPAR TODO O ALUMNADO DO CENTRO CUNHA CABAZA POR ALUMNO/A.

  • SERÁ MOTIVO DE PENALIZACIÓN E NON ENTRARÁN NO CONCURSO:

  • AS CABAZAS MAL BALEIRADAS.

  • AS CABAZAS MÁIS GRANDES QUE UN BALÓN DE FÚTBOL.

  • ASCABAZAS QUE TRAIAN ADORNOS MOI APARATOSOS(que dobren o seu tamaño)

  • HABERÁ PREMIOS POR CICLOS PARA A ORIXINALIDADE E A LABORIOSIDADE.

  • TODOS OS PARTICIPANTES LEVARÁN UN AGASALLO DE RECORDO E UN DIPLOMA.

  • PRAZO DE RECEPCIÓN DE CABAZAS:

ÚNICO DÍA: 3 NOVEMBRO.

  • O VENRES 6 DE NOVEMBRO SERÁ A ENTREGA DE PREMIOS E DE CABAZAS.

22.10.09

Xa chega o SAMAÍN ao Bergantiños!!!



SAMAÍN Palabra gaélica, significa a fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Na noite do 31 de outubro convocaban a asamblea máis importante do ano que remataban cunha gran cea a base de carne de porco, castañas e hidromel. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.

Os nenos xogaban tales días coma estes coas cabazas poñéndolles pelo, e bigotes con barba de millo, antes de acenderlles as candeas.

Este costume coincide co americano Halloween e aínda co máis antigo celta Samaín ( festa dedicada a Samhain- deus dos mortos-). Durante a súa celebración os cranios dos inimigos brillaban na escuridade con candeas no seu interior. Colocábanse nos cruces de camiños e nos muros dos castros, co obxecto de arrepiaren aos inimigos).




Nos seguintes videos podes escoitar as cancións do grupo MAMACABRA sobre o SAMAÍN.


16.10.09

TEMPO DE OUTONO


Esta semana tivemos no colexio unha exposición ben interesante:

TEMPO DE OUTONO: OS COGOMELOS

Sabela, unha alumna de 6º curso trouxo unha mostra de diferentes tipos e fixo unha brillante exposición das características máis importantes de cada un. Despois na entrada do cole todo o mundo puido observar os cogomelos e as súas características nos paneis colocados a tal fin.

Esta claro que cada vez hai máis interese polos cogomelos e cada vez son máis as persoas que saen a collelos co grande risco de que alguén apañe e coma cogomelos tóxicos, ás veces por decoñecer ou desprezar as graves consecuencias dunha intoxicación, outras pola falta de experiencia para distinguir con toda seguridade os comestibles daqueles que non o son ou por confiar en falsas probas de que son comestibles.

O recoñecemento dos cogomelos é producto dun coidado e minucioso exame dos distintos exemplares, así como da experiencia acumulada despois de moitas saídas ao monte. Dado que o aspecto dun fungo pode variar por motivos moi variados como a choiva, o sol, a calor, é importante ter visto os mesmos cogomelos en distintas condicións para realizar unha precisa indentificación.

TES AS FOTOS E MÁIS INFORMACIÓN NOS SEGUINTES ARQUIVOS ...






7.10.09

CASAS DE AQUÍ E DE ACOLÁ


No CEIP Bergantiños estamos preparando un especial sobre a vivenda. Precisamos da vosa colaboración para que nos mandedes fotografías de vivendas de calquera parte do mundo.
Comezaremos pola casa galega e pouco a pouco iremos ampliando a nosa visión áo resto do mundo mundial.

30.6.09

UXÍO NOVONEYRA: LETRAS GALEGAS 2010



Uxío Novoneyra será o homenaxeado das Letras Galegas 2010.

A Real Academia Galega decidiu, en sesión extraordinaria, tributarlle este recoñecemento ao poeta do Courel.

Uxío Novoneyra converterase, no ano no que se cumpre o décimo aniversario do seu pasamento, no poeta homenaxeado no Día das Letras Galegas 2010.

Novoneyra naceu en 1930 na localidade luguesa de Parada do Courel e morreu en Santiago en outubro de 1999. Relacionado durante a súa xuventude con intelectuais e artistas como Manuel María,Luis Pimentel, Anxel Fole ou Ramón Piñeiro, volveu a residir no Courel entre os anos 1953 e 1962, unha volta que deixou unha profunda pegada na súa obra.






12.6.09

1000 visitas!!!

Acabamos de pasar das mil visitas na nosa páxina e estamos moi content@s!!! Foron uns meses de traballo e agora que remata o curso recibimos este agasallo. Non vós esquezades de seguir a visitarnos e de deixarnos os vosos comentarios.
MOITAS GRAZAS A TOD@S.

20.5.09

TÍRALLE DA LINGUA 2009: Sergio Brandón e 5º B gañadores!!!!!!!!!!!!!!!

Os nen@s do Bergantiños arrasan no concurso organizado pola Asociación Socio- Pedagóxica Galega (AS-PG): TÍRALLE DA LINGUA.

Nesta VIIII edición Sergio Brandón Balsa e a súa clase de 5º B de primaria co conto titulado " O PREMIO" (nunca mellor dito)acadaron o 1º premio a nivel galego, dotado con 250 euros para os alumnos e outros 250 euros para o colexio. O Concurso tivo lugar hoxe, 20 de maio, no Teatro Principal , en Santiago de Compostela. Ata alí, viaxaron os nenos de 3º e 5º do C.E.I.P. Bergantiños para acompañar e dar ánimos aos compañeir@s que se presentaban: Fabiola Ramos de 3º de Primaria, Andrea Loureiro e Cristina Fuentes de 5º de Primaria e , como non, o noso gañador: Sergio Brandón Balsa, tamén de 5º de Primaria.

A finalidade do concurso é impulsar o uso oral do galego entre a xente nova, e de verdade que no colexio Bergantiños hai unha boa canteira de contadores e contadoras como se demostrou no concurso celebrado no colexio aló polo mes de marzo.

Pero isto non foi todo: como Bergantiños é terra de regueifas non podíamos marchar de Santiago sen dar boa mostra deste xénero tan popular na nosa terra. Tres alumn@s de 5º de Primaria: Pablo Mourelle, Alejandra Pombo e Jennifer Cambón deleitáronnos cunha regueifa mestras o xurado do concurso deliberaba.

Por certo, os que queiran escoitar aos nosos protagonistas poderán facelo mañá xoves pola tarde no colexio ( de 15.30 - 17.30)xa que actuarán como artistas convidados no FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS.

Queres ver a Sergio en acción? Mira este video!!!





Aquí tamén podes ver algunhas fotos da xornada!

16.5.09

Comidas sás e divertidas

ICONCURSO CULINARIO C.E.I.P. BERGANTIÑOS: Comidas sás e divertidas

O pasado xoves e venres tivemos no colexio un concurso moi especial. Había que preparar platos saudables e divertidos. As propostas foron do máis variado como podedes ver. Había dúas modalidades de concurso: Individual (os alumnos traian un plato elaborado da casa) e En Grupo( elaborábanse nas titorías).




13.5.09

DICIONARIO DE VERDURAS

Unha dasactividades qu realizamos dentro da semana da saúde foi este dicionario de verduras. Participou todo o alumnado buscando como locos en internet, libros, enciclopedias, preguntando na casa, na froitería,... E o resultado foi o seguinte!

10.5.09

RAMÓN PIÑEIRO

Este ano o 17 de maio homenaxeamos a Ramón Piñeiro. Podes atopar máis información nos seguintes enlaces:

http://seminariogalan.org/inicio/portada
http://www.realacademiagalega.org/letters/ViewHonoredFigureWork.do
http://www.editorialgalaxia.es/autores/autor.php?id_autor=320
http://www.consellodacultura.org/arquivos/asg/podcast/?page_id=77
http://www.prazadasletras.org/letras/autores/autor/267/ramon-pineiro-lopez
http://www.cirp.es/pls/bdox/inv.pub_detalle2?p_id=147



Tamén podes ver o seguinte video sobre Ramón Piñeiro elaborado polos CPIs San Vicente (A Baña) e Os Dices (Rois) no que se leva a cabo un percorrido pola vida e obra do autor.



SOMOS BLOG MANEIRO!!!


Acabamos de recibir do Blog da Silva, o Blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CPI Cernadas de Castro en Lousame un agasallo moi especial!!!
Este agasallo é o Selo Violeta,que se lles da aos blogues "con xeito".
Xa somos un blog maneiro!!! GRAZAS! ESTAMOS MOI CONTENTOS!.
Para ser "blog maneiro" de pleno dereito temos que cumprir uns requisitos:
Exhibir a imaxe do premio “Olha que blog Maneiro”.
Exhibir o nome do blog que concedeu o premio.
Indicar outros 10 blogs propostos para seren maneiros.
Comunicar o premio aos blogs seleccionados.
Publicar as regras.
Comprobar que os blogs premiados seguen as normas

Nós xa temos seleccionados os 10 Blogs maneiros:
http://poemasparapeques.blogspot.com/
http://www.galeandrade.blogspot.com/
http://mestremartineznormalizacion.blogspot.com/
http://aclasedesegundo.blogspot.com/
http://www.bibliotecadocole.com/
http://bardelino.blogspot.com/2008/02/10-cancins-galegas-entre-amigos_01.html
http://rociocabanillas.blogspot.com/
http://plasticando.wordpress.com/2008/09/22/arte-con-objetos-cotidianos/
http://melavidalportela.blogia.com/
http://avozdefrian.nireblog.com/



26.4.09

Arte con alimentos

SEMANA DA SAÚDE

Esta semana imos celebrar no cole a semana da saúde. Como non podía ser menos vai a estar moi relacionada coa pintura.

O obxectivo principal é estimular no noso alumnado condutas tendentes a alimentarse dunha forma cada vez máis sa e reflexiva, estimulando concretamente ao consumo de froitas e verduras.
Propoñemos estes bloques de actividades:

1.Os alimentos e o arte, baseados na obra de Giuseppe Archimboldo e Carl Warner.
2.Exposición de comidas sas, ricas, divertidas e bonitas
3.Compra. Aprendemos o tipo de tendas. Centro comercial e tendas. Marcas brancas.

Como colofón ás actividades convocamos dous concursos: un pictórico e un culinario, coas exposicións de todos os traballos presentados aos dous concursos
IMOS ABRINDO BOCA???

POIS MIRA ESTOS VIDEOS...







22.4.09

PALABRAS CON MEMORIA

PALABRAS CON MEMORIA
Esta é unha iniciativa da AELG ( Asociación de Escritores en Lingua Galega) que ten por obxecto recuperar palabras nosas en desuso, ou sexa, en perigo de extinción.
O ENDL do CEIP Bergantiños propón que entre todos/as recuperásemos o nome dos produtos que no campo se daban e quizais se volvan dar. Trátase de, ademais de achegar nomes de castes de froitas, verduras e outros produtos do campo, facer cando se crea necesario unha pequena descrición, resaltar as súas características. Porque as novas xeracións non saben o que é unha saborosa camoesa ou un delicioso peruco e en troques coñecen a encerada "red winter" e a insípida "golden" que lles venden no supermercado.
Tamén sería interesante saber particulares tratamentos ou embutidos non comúns da carne do porco ou doutros animais. Oficios e palabras relacionadas coas ferramentas e o seu uso,etc e todas aquelas que se vos poidan ocorrer.
De seguido podedes ver a recompilación feita coa axuda e todos vós.

MOITAS GRAZAS!!!!!!!!!!

Palabras Con Memoria

CANTIGAS POPULARES GALEGAS E REGUEIFAS

Xa temos rematada a nosa recompilación de cantigas de amor, escarnio e maldicer. Moitas grazas a todos os que participástedes facéndonos chegar as vosas recolleitas. Podedes velas na seguinte presentación e tamén proximamente na exposición que se vai celebrar no colexio.

19.4.09

Os tres chibos chibóns

A partir do conto publicado pola EDITORIAL KALANDRAKA: "OS TRES CHIBOS CHIBÓNS" propuxémonos realizar unhas sinxelas actividades para lembrar ese bonito conto.
A ver se vos gustan!!!

6.4.09

PINTURA GALEGA 2

SEGUIMOS TRABALLANDO COAS OBRAS DOS PINTORES GALEGOS MÁIS REPRESENTATIVOS. AQUÍ TEDES MÁIS ACTIVIDADES PARA REPASAR.
FIXÁDEVOS NOS CADROS! TRABALLAMOS COAS NOSAS RÉPLICAS!!! A VERDADE E QUE QUEDARON DE MARABILLA!!!

FERNANDO ÁLVAREZ DE SOTOMAYOR

Lugrís, o pintor do mar.

Queremos traballar nos vindeiros días cos cadros de Lugrís e para ir comezando ofrecémosvos este adianto das súas pinturas. Todas elas teñen como referente o mar.

26.3.09

Tíralle da lingua 2009. GAÑADORES!!!


ANDREA E CRISTINA DE 5ºA quedaron clasificadas en primeiro lugar despois dun concurso moi disputado. Sergio Brandón de 5º A quedou en segundo lugar.
O vindeiro mes, as gañadoras representarán ao colexio en Santiago.
Podedes ver algúns momentos do concurso a continuación...

BubbleShare: Share photos - Find great Clip Art Images.

24.3.09

Tíralle da lingua 2009


Este martes pola tarde celebramos a primeira final do concurso organizado pola AS-PG: Tíralle da lingua.Participou o alumnado do segundo ciclo. O vindeiro xoves fará o mesmo o alumnado de terceiro ciclo. O nivel de participación foi altísimo e os nenos/as estaban desexando contar os seus contos. Os contos foron do máis variado: fantásticos, reais, populares, inventados por eles mesmos, etc. Ao final os gañadores foron: Fabiola de 3ºA e Esteban de 3ºB. Agora esperemos a ver que pasa o xoves e logo os nosos representantes irán a Santiago á final galega. Ánimo e moita sorte.
Ah!Xa me esquecía: non só houbo contos se non que tres alumnos de 5 de primaria foron os nosos presentadores e cantadores. Si! cantadores, porque se atreveron a regueifar! Fixérono moi ben. Desde logo que hai canteira de artistas no colexio.

23.3.09

Vocabulario da escola

Lembrades que hai un tempo fixemos actividades para aprender o vocabulario da escola? Agora podedes repasar ese léxico con estas sinxelas actividades. Premede na frecha e comezade a xogar...

9.3.09

A pintura galega contemporánea





Este ano propuxémonos ensinarlle aos nenos a obra dos pintores galegos máis representativos, que gocen coa súa pintura e que vexan un novo xeito de contar a historia a través das liñas e das cores. Comezamos con un percorrido pola obra de Laxeiro, autor do que se acaba de cumprir o centenario do seu nacemento. Logo, pasamos revista a pintores representativos dos estilos máis característicos da pintura galega: Colmeiro, Seoane, Lugrís, Menchu Lamas, Castelao, Lloréns,… e rematamos coñecendo a obra dalgún pintor representativo da nosa zona, Carballo. Queremos achegarlle aos rapaces esas obras marabillosas da nosa cultura e que eles sexan partícipes e as desfruten por medio das propias adaptacións ou por medio das recreacións dos demáis

Proba a xogar coas seguintes actividades...

25.2.09

Entroido 2009



O pasado venres 20 de febreiro celebramos a festa do entroido no colexio. Durante os días previos o colexio foi collendo cor de entroido co mandadiño e coa decoración dos corredores.



BubbleShare: Share photos - Play some Online Games.

11.2.09

14 de febreiro, San Valentín




Co gallo da celebración do Día dos namorados o ENDL vén de realizar unha recolleita de cantigas de amor e moitas delas podedes atopalas no arquivo adxunto.


O alumnado e o profesorado do centro colaborou para crear o ambiente de San Valentín decorando os corredores con corazóns e cantigas de amor. Tamén tivemos ocasión de coñecer a lenda de San Valentín un humilde sacerdote cristián que viviu aló polo século III e que foi condenado a morte por un tirano emperador que prohibira aos soldados casar. Claudio II, que así se chamaba o emperador tiña a crenza de que os soldados serían mellores e máis valerosos se estaban solteiros. San Valentín, pese ás amenazas de morte, dedicábase a casar ás parellas de namorados en segredo. Un día foi descuberto e...

Check out this SlideShare Presentation:

Pouquiño a pouco poñamos un chisquiño de PAZ na nosa vida.

Para lembrarnos de que todos os días temos que celebrar o día da paz escollemos uns textos que nos gustaron moito e que queremos compartir con todos vós.

Teresa De Calcuta

Check out this SlideShare Presentation:

Irmáns

Check out this SlideShare Presentation:

BoliñOs De Tenrura

Check out this SlideShare Presentation:

28.1.09

Musica popular galega

Este mércores 28 de xaneiro os nenos e nenas do 2º ciclo asistiron a un concerto para escolares de música popular galega: "COMPAÑEIRO SEI TOCARE...E TI?", no Pazo da Cultura en Carballo e patrocinado por CAIXANOVA.
Os gaiteiros da Xistra conseguiron que alumnado, en máis ou menos unha hora , coñecera a música dos copleiros, das cantadeiras, dos cuartetos,...
O repertorio foi moi extenso desde romances de cego, pascorredoiras, muiñeiras,... a alboradas, xotas, etc. Os nenos e nenas participaron con palmas, ondas, e grandes risotadas cando chegou a hora das regueifas. Ollade para as fotografías...



BubbleShare: Share photos - Play some Online Games.

21.1.09

CORRELINGUA 2009




Acabamos de participar no concurso de Banda Deseñada organizado polo Correlingua. Queremos amosarvos as marabillosas bandas deseñadas elaboradas polo alumnado de 5ª e 3º de primaria, e infantil de tres anos!!! Estes son os resultados... Menudos artistas hai no colexio!

Bandas Deseñadas de 3º de Educación Primaria





Bd 3ºA079
View more documents or upload your own.