28.1.09

Musica popular galega

Este mércores 28 de xaneiro os nenos e nenas do 2º ciclo asistiron a un concerto para escolares de música popular galega: "COMPAÑEIRO SEI TOCARE...E TI?", no Pazo da Cultura en Carballo e patrocinado por CAIXANOVA.
Os gaiteiros da Xistra conseguiron que alumnado, en máis ou menos unha hora , coñecera a música dos copleiros, das cantadeiras, dos cuartetos,...
O repertorio foi moi extenso desde romances de cego, pascorredoiras, muiñeiras,... a alboradas, xotas, etc. Os nenos e nenas participaron con palmas, ondas, e grandes risotadas cando chegou a hora das regueifas. Ollade para as fotografías...



BubbleShare: Share photos - Play some Online Games.

21.1.09

CORRELINGUA 2009




Acabamos de participar no concurso de Banda Deseñada organizado polo Correlingua. Queremos amosarvos as marabillosas bandas deseñadas elaboradas polo alumnado de 5ª e 3º de primaria, e infantil de tres anos!!! Estes son os resultados... Menudos artistas hai no colexio!

Bandas Deseñadas de 3º de Educación Primaria





Bd 3ºA079
View more documents or upload your own.

Banda Deseñada de 5ºB

Bd 5ºB077
View more documents or upload your own.

Banda Deseñada de 5ºA

Bd 5ºA078
View more documents or upload your own.

9.1.09

UN NADAL CHEO DE LIBROS



En Nadal, tamén nos agasallan con libros!


Esta semana estamos a organizar unha exposición no colexio cos agasallos de Nadal. Como a maioría fomos moi bos, os Reis Magos e Papa Noel trouxéronnos moitos agasallos e tamén libros. Queremos compartir estes libros, ensinalos, dicir de que tratan ,... Pouco a pouco irémosvolos amosando. Estade pendentes!!!