26.3.09

Tíralle da lingua 2009. GAÑADORES!!!


ANDREA E CRISTINA DE 5ºA quedaron clasificadas en primeiro lugar despois dun concurso moi disputado. Sergio Brandón de 5º A quedou en segundo lugar.
O vindeiro mes, as gañadoras representarán ao colexio en Santiago.
Podedes ver algúns momentos do concurso a continuación...

BubbleShare: Share photos - Find great Clip Art Images.

24.3.09

Tíralle da lingua 2009


Este martes pola tarde celebramos a primeira final do concurso organizado pola AS-PG: Tíralle da lingua.Participou o alumnado do segundo ciclo. O vindeiro xoves fará o mesmo o alumnado de terceiro ciclo. O nivel de participación foi altísimo e os nenos/as estaban desexando contar os seus contos. Os contos foron do máis variado: fantásticos, reais, populares, inventados por eles mesmos, etc. Ao final os gañadores foron: Fabiola de 3ºA e Esteban de 3ºB. Agora esperemos a ver que pasa o xoves e logo os nosos representantes irán a Santiago á final galega. Ánimo e moita sorte.
Ah!Xa me esquecía: non só houbo contos se non que tres alumnos de 5 de primaria foron os nosos presentadores e cantadores. Si! cantadores, porque se atreveron a regueifar! Fixérono moi ben. Desde logo que hai canteira de artistas no colexio.

23.3.09

Vocabulario da escola

Lembrades que hai un tempo fixemos actividades para aprender o vocabulario da escola? Agora podedes repasar ese léxico con estas sinxelas actividades. Premede na frecha e comezade a xogar...

9.3.09

A pintura galega contemporánea





Este ano propuxémonos ensinarlle aos nenos a obra dos pintores galegos máis representativos, que gocen coa súa pintura e que vexan un novo xeito de contar a historia a través das liñas e das cores. Comezamos con un percorrido pola obra de Laxeiro, autor do que se acaba de cumprir o centenario do seu nacemento. Logo, pasamos revista a pintores representativos dos estilos máis característicos da pintura galega: Colmeiro, Seoane, Lugrís, Menchu Lamas, Castelao, Lloréns,… e rematamos coñecendo a obra dalgún pintor representativo da nosa zona, Carballo. Queremos achegarlle aos rapaces esas obras marabillosas da nosa cultura e que eles sexan partícipes e as desfruten por medio das propias adaptacións ou por medio das recreacións dos demáis

Proba a xogar coas seguintes actividades...