26.4.09

Arte con alimentos

SEMANA DA SAÚDE

Esta semana imos celebrar no cole a semana da saúde. Como non podía ser menos vai a estar moi relacionada coa pintura.

O obxectivo principal é estimular no noso alumnado condutas tendentes a alimentarse dunha forma cada vez máis sa e reflexiva, estimulando concretamente ao consumo de froitas e verduras.
Propoñemos estes bloques de actividades:

1.Os alimentos e o arte, baseados na obra de Giuseppe Archimboldo e Carl Warner.
2.Exposición de comidas sas, ricas, divertidas e bonitas
3.Compra. Aprendemos o tipo de tendas. Centro comercial e tendas. Marcas brancas.

Como colofón ás actividades convocamos dous concursos: un pictórico e un culinario, coas exposicións de todos os traballos presentados aos dous concursos
IMOS ABRINDO BOCA???

POIS MIRA ESTOS VIDEOS...







22.4.09

PALABRAS CON MEMORIA

PALABRAS CON MEMORIA
Esta é unha iniciativa da AELG ( Asociación de Escritores en Lingua Galega) que ten por obxecto recuperar palabras nosas en desuso, ou sexa, en perigo de extinción.
O ENDL do CEIP Bergantiños propón que entre todos/as recuperásemos o nome dos produtos que no campo se daban e quizais se volvan dar. Trátase de, ademais de achegar nomes de castes de froitas, verduras e outros produtos do campo, facer cando se crea necesario unha pequena descrición, resaltar as súas características. Porque as novas xeracións non saben o que é unha saborosa camoesa ou un delicioso peruco e en troques coñecen a encerada "red winter" e a insípida "golden" que lles venden no supermercado.
Tamén sería interesante saber particulares tratamentos ou embutidos non comúns da carne do porco ou doutros animais. Oficios e palabras relacionadas coas ferramentas e o seu uso,etc e todas aquelas que se vos poidan ocorrer.
De seguido podedes ver a recompilación feita coa axuda e todos vós.

MOITAS GRAZAS!!!!!!!!!!

Palabras Con Memoria

CANTIGAS POPULARES GALEGAS E REGUEIFAS

Xa temos rematada a nosa recompilación de cantigas de amor, escarnio e maldicer. Moitas grazas a todos os que participástedes facéndonos chegar as vosas recolleitas. Podedes velas na seguinte presentación e tamén proximamente na exposición que se vai celebrar no colexio.

19.4.09

Os tres chibos chibóns

A partir do conto publicado pola EDITORIAL KALANDRAKA: "OS TRES CHIBOS CHIBÓNS" propuxémonos realizar unhas sinxelas actividades para lembrar ese bonito conto.
A ver se vos gustan!!!

6.4.09

PINTURA GALEGA 2

SEGUIMOS TRABALLANDO COAS OBRAS DOS PINTORES GALEGOS MÁIS REPRESENTATIVOS. AQUÍ TEDES MÁIS ACTIVIDADES PARA REPASAR.
FIXÁDEVOS NOS CADROS! TRABALLAMOS COAS NOSAS RÉPLICAS!!! A VERDADE E QUE QUEDARON DE MARABILLA!!!

FERNANDO ÁLVAREZ DE SOTOMAYOR

Lugrís, o pintor do mar.

Queremos traballar nos vindeiros días cos cadros de Lugrís e para ir comezando ofrecémosvos este adianto das súas pinturas. Todas elas teñen como referente o mar.