30.10.09

Xa chega o SAMAÍN ao Bergantiños!!!

Esta semana imos celebrar o III concurso de cabazas CEIP BERGANTIÑOS. Ide preparando os aparellos e mans ás cabazas. Lembrade as normas do concurso e que haxa sorte. Díxome un paxariño que habería moitos agasallos.... Schhhhssssssssssssssss.


23.10.09

III CONCURSO DE CABAZAS: CEIP BERGANTIÑOS



BASES

  • PODERÁ PARTICIPAR TODO O ALUMNADO DO CENTRO CUNHA CABAZA POR ALUMNO/A.

  • SERÁ MOTIVO DE PENALIZACIÓN E NON ENTRARÁN NO CONCURSO:

  • AS CABAZAS MAL BALEIRADAS.

  • AS CABAZAS MÁIS GRANDES QUE UN BALÓN DE FÚTBOL.

  • ASCABAZAS QUE TRAIAN ADORNOS MOI APARATOSOS(que dobren o seu tamaño)

  • HABERÁ PREMIOS POR CICLOS PARA A ORIXINALIDADE E A LABORIOSIDADE.

  • TODOS OS PARTICIPANTES LEVARÁN UN AGASALLO DE RECORDO E UN DIPLOMA.

  • PRAZO DE RECEPCIÓN DE CABAZAS:

ÚNICO DÍA: 3 NOVEMBRO.

  • O VENRES 6 DE NOVEMBRO SERÁ A ENTREGA DE PREMIOS E DE CABAZAS.

22.10.09

Xa chega o SAMAÍN ao Bergantiños!!!



SAMAÍN Palabra gaélica, significa a fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Na noite do 31 de outubro convocaban a asamblea máis importante do ano que remataban cunha gran cea a base de carne de porco, castañas e hidromel. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.

Os nenos xogaban tales días coma estes coas cabazas poñéndolles pelo, e bigotes con barba de millo, antes de acenderlles as candeas.

Este costume coincide co americano Halloween e aínda co máis antigo celta Samaín ( festa dedicada a Samhain- deus dos mortos-). Durante a súa celebración os cranios dos inimigos brillaban na escuridade con candeas no seu interior. Colocábanse nos cruces de camiños e nos muros dos castros, co obxecto de arrepiaren aos inimigos).




Nos seguintes videos podes escoitar as cancións do grupo MAMACABRA sobre o SAMAÍN.


16.10.09

TEMPO DE OUTONO


Esta semana tivemos no colexio unha exposición ben interesante:

TEMPO DE OUTONO: OS COGOMELOS

Sabela, unha alumna de 6º curso trouxo unha mostra de diferentes tipos e fixo unha brillante exposición das características máis importantes de cada un. Despois na entrada do cole todo o mundo puido observar os cogomelos e as súas características nos paneis colocados a tal fin.

Esta claro que cada vez hai máis interese polos cogomelos e cada vez son máis as persoas que saen a collelos co grande risco de que alguén apañe e coma cogomelos tóxicos, ás veces por decoñecer ou desprezar as graves consecuencias dunha intoxicación, outras pola falta de experiencia para distinguir con toda seguridade os comestibles daqueles que non o son ou por confiar en falsas probas de que son comestibles.

O recoñecemento dos cogomelos é producto dun coidado e minucioso exame dos distintos exemplares, así como da experiencia acumulada despois de moitas saídas ao monte. Dado que o aspecto dun fungo pode variar por motivos moi variados como a choiva, o sol, a calor, é importante ter visto os mesmos cogomelos en distintas condicións para realizar unha precisa indentificación.

TES AS FOTOS E MÁIS INFORMACIÓN NOS SEGUINTES ARQUIVOS ...






7.10.09

CASAS DE AQUÍ E DE ACOLÁ


No CEIP Bergantiños estamos preparando un especial sobre a vivenda. Precisamos da vosa colaboración para que nos mandedes fotografías de vivendas de calquera parte do mundo.
Comezaremos pola casa galega e pouco a pouco iremos ampliando a nosa visión áo resto do mundo mundial.