27.12.09

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

ENTREGA PREMIOS POSTAIS DE NADAL on PhotoPeach

As postais premiadas podedes velas un pouquiño máis abaixo.
Noraboa a tod@s e grazas por participar!!!

22.12.09

FESTIVAL DE NADAL- PRIMARIA

Hoxe martes 22 de decembro celebramos o FESTIVAL DE  NADAL de primaria no PAZO DA CULTURA. Houbo actuacións para todos e incluso un programa de televisión!!!
Panxoliñas, bailes modernos, cancións de nadal, etc acapararon a atención do numeroso público asistente.
Podedes ver algunhas das fotos aquí abaixo!



OS REIS MAGOS VISITAN O COLEXIO!

O pasado xoves 17 de decembro as súas Maxestades de Oriente chegaron para facer unha visita aos nen@s do colexio. Estiveron moi atentos ás peticións do alumnado e repartiron caramelos coma de costumbre. Foi unha tarde moi emocionante, incluso para a nosa Nati que tamén fixo a carta e ensinoulla aos Reis Magos. Que sería o que pediu Nati???

18.12.09

RECEITARIO DE NADAL

Xa está a vosa disposición o receitario de nadal elaborado coas receitas que se recolleron estes días no colexio. Agora é unha boa oportunidade para aproveitar e experimentar con estas receitas que chegan dende moitos puntos do mundo, mundial. Atrevédesvos????

16.12.09

O APALPADOR. O MÍTICO PERSONAXE QUE VEN APALPAR AS BARRIGUIÑAS DOS NENOS E NENAS GALEGAS POLO NADAL


Nos últimos anos nas vilas de Galiza estase a recuperar o mítico personaxe do Apalpador, un personaxe que vivía nas altas montañas das serras orientais de Galiza e que nos días do inverno baixa ás aldeas e vilas dos vales para apalparlles abarriguiña ás meniñas e aos meniños por ver se comeran ben durante todo o ano, achegándolles castañas e agasallos feitos a man.

O Apalpador, de profesión carboeiro, mora nas devesas das montañas do Caurel e outras serras orientais da Galiza e caracterízase fisicamente por ser un xigante bonachón que viste boina e traxe esfarrapado e con remendos, fuma en pipa e se alimenta con bagas salvaxes e os porcos bravos que caza no monte.

A historia é a seguinte:

A noite do 24 de decembro baixa da súa escura morada para visitar aos nenos e nenas galegas, e chega cando estes están xa durmidos. Apálpalles a barriga para ver se están fartos ou teñen fame ( de ahí o seu nome). Se o caso é o primeiro di: “ Así, así estéas todo o ano”, e deixalle unha presiña de castañas. Se pola contra, están famentos, fica calado e deixalle tamén unha man chea do froito do castiñeiro.

As veces coa emoción que produce nos cativos a chegada deste ser, non poden durmir, co que os máis vellos da casa cántanlle cantigas coma esta:

Vaite logo meu ninín/niniña
marcha agora para a camiña
que vai vir o Apalpador
a palparche a barriguiña.
Xa chegou o día grande
día do noso Señor
xa chegou o día grande
e vai vir o Apalpador.
Mañá é día de cachela
e haberá gran nevarada
e ha vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
Por aquela cega
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.

Hoxe os tempos mudaron, asi que ademais de castañas o apalpador pode traer algún xoguete. Máis a diferenta doutros personaxes como o Pai Noel, estes serán sempre de fabricación caseira ou reutilizados, creando nos máis pequenos a conciencia de que para pasalo ben non é preciso ter moitos agasallos novos.

Nestes tempos de Nadal consumista, o Apalpador recupera unha figura da nosa tradición relacionada co Pai Inverno e mesmo co propio Papá Noel, propia dos pobos preindoeuropeos e espallada por toda Europa, quizais relacionada cos ancestrais cultos á divindades do Inverno, protectores das colleitas e do gando, mais que por influencia do cristianismo foi desaparecendo paseniño.

Recuperar o Apalpador é un acto de reivindicación da memoria do noso país, das nosas tradicións; é un acto de defensa da nosa identidade. Recuperar o Apalpador, ademais, é un acto de reivindicación dun consumo solidario e responsable.

ENLACES:

PÁXINA WEB OFICIAL

http://www.apalpador.com/


MATERIAL PARA A RECUPERACIÓN DA FIGURA DO APALPADOR

http://galiza.indymedia.org/media/2009/12//21757.pdf

http://www.vieiros.com/vieiros-da-escola/index.php?id=8

CONTO DO APALPADOR

http://www.apalpador.com/apalpador.pdf


IMAXES

http://www.apalpador.com/parabaixar

LÁMINAS

http://www.apalpador.com/node/20

WEBQUEST 1º CICLO DE PRIMARIA

http://centros.edu.xunta.es/ceipfrian/phpwebquest/caza/soporte_tablon_c.php?id_actividad=15&id_pagina=1

VIDEO APALPADOR EN COMPOSTELA

http://www.youtube.com/watch?v=wqdsx5QbH40

15.12.09

POSTAL GAÑADORA DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

A postal gañadora, como vedes moi "caseira", pertence a unha nena de 6º de primaria.
Parabéns!


Con ela o ENDL do C.E.I.P. Bergantiños querevos desexar aos que nos visitades un bo nadal e un feliz aninovo 2010 cheo de sorrisos e felicidadeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeee.

RESOLTO O CONCURSO DE POSTAIS NADAL 2009

Aqui tedes as postais finalistas do Concurso de Postais do Nadal 2009:




Guía de Nadal 2009


O Nadal xa chegou e con el as nosas guías de lectura para este tempo. Estas son as novidades que vos recomendamos e esperamos que vos gusten. Lembrade que polo Nadal un libro é un agasallo estupendo!!! Con eles podemos deixar viaxar a imaxinación e chegar a lugares marabillosos...

Check out this SlideShare Presentation:

2.12.09

SIIIIIIIIII......CONSEGUIMOS O PREMIO DE INNOVACIÓN



CASAS DE AQUÍ E DE ACOLÁ

A Consellería de Educación premia os mellores proxectos de innovación en normalización lingüística
•Á convocatoria da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa presentáronse un total de 68 traballos, o que supón un aumento da participación do 340% respecto da media dos anos anteriores
agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG
•Debido ao número de proxectos e á súa calidade concedéronse sete premios e mais un total de catro accésits, de 3.000 e 1.000 euros cada un, respectivamente

 

• O fin destes premios é fomentar o desenvolvemento de proxectos educativos innovadores que favorezan a extensión do uso do galego

Os galardoados deste ano, un total de sete, foron o CEIP Aguiño, de Ribeira, por Mar de mulleres asolagadas; o CEIP A Gándara, de Carballo, co proxecto Mergullados nos mares da palabra; o CEIP A Pedra, de Bueu, polo traballo Galegos e galegas de aquí e acolá; o CEIP Bergantiños, de Carballo, que se presentaron con Casas de aquí e acolá; o CEIP Quintela, de Moaña, por En galego pola rede; o IES Menéndez Pidal, da Coruña, polo proxecto A aldea global: Galicia é máis Galicia cando é todos os mundos; e finalmente, o IES Sardiñeira, tamén da Coruña, premiado por LinguaTIC@s.
Debido á calidade e a cantidade de proxectos presentados este ano concedéronse un total de catro accésits, que foron para o IES Félix Muriel, de Rianxo, polo traballo Abrindo portas en galego; para o IES Perdouro, de Burela, que presentou o proxecto Dinamización Lingüística de Burela; para o IES Rodeira, de Cangas, que fixo Vivir en galego. Queremos. Podemos; e mais para o IES Porto do Son, de Porto do Son, polo traballo 2010. Vinte dez.Cada un dos sete premios contan cunha dotación económica de 3.000 euros, mentres que os accésits levan 1.000 euros cada un. O profesorado implicado na elaboración de todos os proxectos galardoados recibirá unha xornada de formación na que tamén poderá compartir as súas experiencias. Ademais, as experiencias dos proxectos premiados serán difundidas a través da rede e publicaranse os materiais educativos producidos no web de Política Lingüística, www.xunta.es/linguagalega, e no enderezo da Consellería de Educación, www.edu.xunta.es/portal.

Un aumento da participación do 340%
O número de proxectos presentados este ano foi de 68, o que supón un aumento da participación do 340% respecto da media dos anteriores cursos académicos, que era de 20 traballos. No que respecta ao nivel educativo, a participación é moito maior en centros de ensinanza infantil e primaria, dos que proceden 50 proxectos. Os 18 traballos restantes son de centros que imparten educación secundaria. Por provincias, en Pontevedra rexistrouse a maior participación, cun total de 32 proxectos, seguida da provincia da Coruña, con 24. Os proxectos procedentes da provincia de Lugo foron un total de 8, mentres que de Ourense presentaron 4 traballos.

Esta convocatoria da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria constitúe unha iniciativa que busca fomentar o uso do galego oral tanto dentro coma fóra das aulas, así como o achegamento á realidade sociocultural de Galicia a través de proxectos educativos innovadores. Ademais, estes premios teñen o valor engadido de promoveren a utilización das novas tecnoloxías e a implicación de entidades culturais, asociativas, empresariais, recreativas e deportivas.

NORABOA A TODOS OS PREMIADOS!!!!!