23.12.10

FESTIVAL DE NADAL, 2010, PRIMARIA

O PASADO MÉRCORES CELEBRAMOS NO PAZO DA CULTURA, EN CARBALLO O FESTIVAL DE NADAL DE PRIMARIA. TIVEMOS MOITAS E DIFERENTES ACTUACIÓNS: MÚSICA EN DIRECTO, PEQUENAS REPRESENTACIÓNS TEATRAIS, PANXOLIÑAS, ... TEMOS QUE DAR A NORABOA A TOD@ O PROFESORAD@ IMPLICADO POLA CALIDADE DAS ACTUACIÓNS. ESPERAMOS QUE TODO O MUNDO DISFRUTASE.
SE QUEREDES LEMBRAR COMO FORON AS ACTUACIÓNS PODEDES FACELO NOS SEGUINTES SLIDES.




18.12.10

ESTA É A NOSA POSTAL GAÑADORA!!! PARABÉNS IRENE!!!

IRENE GARCÍA DE 6º DE PRIMARIA VEN DE GAÑAR O CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL QUE CADA ANO CELEBRA O COLEXIO. É UNHA POSTAL DE CONTO COA QUE QUEREMOS DESEXARVOS QUE PASEDES UN FELIZ NADAL E QUE O VINDEIRO ANO VEÑA CARGADO DE MOITAS COUSAS POSITIVAS  PARA TOD@S!!!

12.12.10

GUÍA DE LECTURAS RECOMENDADAS PARA O NADAL 2010

Acabamos de publicar as nosas recomendacións para pasar este nadal en familia na compaña  de bos libros e a carón da lareira, cociña, mantiña ou o que se vos ocorra!!! Seguro que á volta do nadal teredes moitas cousas que contarnos sobre os libros e non esquezades traelos para ensinarllos a tod@s e para deixalos na exposición do cole: POLO NADAL, LIBROS VIRÁN

2.12.10

NADAL 2010: panxoliñas de nadal

Se queres pasar un nadal entre panxoliñas podes botar un ollo á seguinte recompilación das máis fermosas panxoliñas, cantos de reises, xaneiras, etc.


Se o que che gusta é a boa cociña tamén podes pasar un bo anaco con estas receitas  recollidas polo noso alumnado.

NADAL 2010: CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Como cada ano por estas datas o equipo de dinamización da lingua galega do CEIP Bergantiños organiza un concurso de postais de nadal. O tema no que se basearán este  ano serán os contos. Aplicádevos ben e a elaborar unha tarxeta moi orixinal. Dentro de pouquiño poderás ver a selección do xurado. Haberá premios para as máis fermosas!!

Se queres consultar as bases podes facelo a continuación:

11.11.10

MAGOSTO 2010

Hoxe celebramos o MAGOSTO no cole. Foi un día moi completo e divertido para tod@s. Pola mañá empezamos cos xogos populares e aquí hai que darlle a noraboa aos profes de Educación Física que organizaron tan ben todos os xogos. Estivo xenial facer grupos onde os maiores axudaran e levaran aos máis pequenos, que todos os grupos pasaran por todas as probas,... 

Logo dun descansiño para comer e coller folgos veu a tarde. Baixamos cos nosos envases preparados para comer as castañas e o zume. A ANPA colaborou e trouxonos unhas castañas deliciossssasss. Non vos minto! Só tedes que fixarvos nas nosas caras...


Ah! Pero aquí non rematou todo. A profe Chelo repartiu os premios para os participantes nas comidas de medo!!! Cando penso en todas aquelas comidas cun aspecto tan terrorífico e que ben sabían... Desde logo! Grazas aos papás e mamás por participar. Sen vos non sería posible pasar un samaín e un magosto tan festivo e rico, rico.



O PROGRAMA BOCABERTA CHEGA A CARBALLO

É unha oportunidade única para asistir a un concerto ou  a un obradoiro. O lugar será o pazo da cultura e teremos que recoller as invitacións previamente. Animádevos porque me dixo un paxariño que ía haber agasallos!!! Mirade ben a data que xa está chegando o día. !!! No cole os vos@s profes daranvos máis nformación



En clave de conto

En clave de conto mestura música, literatura e ilustración para educar a ollada e o oído a través de propostas innovadoras e transmitir o amor pola música e a nosa lingua. 


Por unha banda, os obradoiros Eu falo así parten da canción “Cri-cri”, do disco A nena e o grilo, para identificar as distintas linguas nas que se canta o tema (inglés, francés, portugués, castelán, éuscaro...) e o seu idioma principal, o galego. 

Por outro lado, músicos, cantantes e actores de recoñecido prestixio participan no concerto-espectáculo A nena e o grilo, que amosa como a trama argumental dun conto pode ser representada e enriquecida desde o plano sonoro e lingüístico. 

Dirixido a escolares de infantil e primaria e público xeral, cada asistente será agasallado cun exemplar do libro-CD que inspira as actividades.
Dos 5 aos 8 anos.

 Outra das obras coa que se traballará será O EMBIGO DE XANECAS que  conta a historia  de Xanecas. Este tiña catro anos, e coma todos os nenos a esa idade, era moi curioso. O que máis lle gustaba no mundo era explorar, e case cada día facía un descubrimento novo.
A  historia saída da imaxinación de Ramón Aragüés  comeza un día á hora do baño.
Seu pai refregáballe as orellas, os xeonllos, os cóbados e os pés. Para apurar máis, Xanecas fregábase co xabón. De repente, afundíuselle o dedo. Que pasara? Que metera o dedo no embigo! Desta maneira o noso protagonista descubriu que tiña un burato na barriga, pero tan intrigado quedou que desde aquela sempre estaba a preguntar: Pero, por que teño embigo?
E é que Xanecas está a experimentar unha das etapas infantís máis divertidas: a das preguntas. Durante este período, os pequenos queren saber o porqué de todo o que os rodea, e coma neste caso, acoden a aqueles que teñen máis cerca: a papá, á irmá máis vella, ao avó, a mamá…
Cada un dos membros desta particular familia, aproveitándose da inocencia do pequeno, irá inventando unha trola acerca da orixe do embigo, ata que finalmente a nai lle desvele a verdadeira razón da súa existencia, e de paso un dos grandes misterios da vida.

Colaboran a editorial OKO,  a Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Concello de Carballo.

30.10.10

ESTAMOS NO TEMPO DO MAGOSTO!!!



ACÁBASE OUTUBRO E CHEGA NOVEMBRO COAS SÚAS CORES OCRES, MARRÓNS, VERMELLAS, AMARELAS,... CORES DO OUTONO E DO MAGOSTO. NA ESCOLA PRONTO IMOS CELEBRAR O MAGOSTO E POR ISO VOS DEIXAMOS AQUI UN LISTADO DE ENLACES PARA SABER UN POUQUIÑO MÁIS E PARA REALIZAR ACTIVIDADES NA WEB.



  • XOGOS DO MAGOSTO.
  • POEMAS, DITOS, ADIVIÑAS,...
  • DEBUXOS PARA COLOREAR

29.10.10

IV CONCURSO DE CABAZAS




Coma todos os anos celebramos o tradicional concurso de cabazas. Esta semana estivo o noso corredor de entrada cheo de cabazas cos máis diferentes modelos, predominaban as cabazas cárcere, as cabazas deportistas, as cabazas sexis, ... podedes velas a continuación.
Como houbo moitísima participación expoñemos só unha pequena mostra.

Desde o equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos agradecerlles ás familias a súa participación tanto no concurso de cabazas como no de comidas de medo. A verdade é que na escola se respiraba un  aire festivo e moi familiar. Grazas pola vosa participación.

Agora queredes ver esas obras de arte????? Pois veña!!!









RECOLLEITA DE PREMIOS CONCURSO DE CABAZAS



ACABAMOS DE CELEBRAR O SAMAÍN!

Hoxe foi un día moi completo na escola. Pola mañá estivemos elaborando comidas de medo, logo fixemos unha enorme exposición e viñeron os papás e mamás a vela. Pola tarde tocaba disfrazarnos, celebrar o samaín e degustar as marabillosas comidas que tanto nas titorías como nas casas se elaboraron. Queredes ver as fotos do día? Non perdades detalle, nós pasámolo de medo!!!


Estes son algunhas das comidas de medo que degustamos. Podes ver máis, abaixo.
















26.10.10

ESTAMOS DE NORABOA!!! O PROXECTOTERRA ACADA O PREMIO NACIONAL DE URBANISMO.

NORABOA AO  CORDINADOR DO PROXECTO XOSÉ MANUEL ROSALES NOVES E A TODAS AS PERSOAS RELACIONADAS CO PROXECTO POLO PREMIO E TAMÉN POLO  TRABALLO E ESFORZO EN QUE O COÑECEMENTO DO ENTORNO E  A ARQUITECTURA CHEGUE AO ALUMNADO TANTO DE SECUNDARIA COMA DE PRIMARIA. AXIÑA TAMÉN CHEGARÁ AOS DE INFANTIL.

PÁXINA WEB DO PROXECTOTERRA
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) logrou, co "PROXECTOTERRA", o PREMIO NACIONAL DE URBANISMO que concede a Secretaría de Estado de Vivenda e Actuacións Urbanas do Ministerio de Fomento, informou a entidade nun comunicado.
Texto da web do Ministerio de Fomento:
Premio Nacional de Urbanismo
Por último, ha obtenido el Premio Nacional de Urbanismo el Proxecto Terra, un proyecto educativo puesto en marcha por el Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia en 2000 para acercar la arquitectura, el urbanismo y el desarrollo territorial gallegos a los más pequeños.

El proyecto consiste en desarrollar y poner a disposición de profesores y alumnos materiales didácticos sobre estas materias adaptados a los distintos niveles de la Enseñanza Obligatoria (Infantil, Primera y Secundaria). Este material en forma de libros de texto, cuadernos de ejercicios, audiovisuales y cómics se complementa con actividades: desde visitas guiadas a las capitales gallegas para conocer in situ lo aprendido en clase, hasta intercambios territoriales para que tomen conciencia del territorio construido en Galicia bajo distintas formas (parroquia, aldea, pueblo, ciudad y área metropolitana) y cómo ha sido su evolución en el tiempo.

En este caso, el jurado ha valorado que desde un colectivo profesional vinculado a la arquitectura y el urbanismo, se haga uso de la educación obligatoria como “un recurso imprescindible para el cambio hacia un modelo de desarrollo sostenible del territorio y de la arquitectura”.

En Proxecto Terra colaboran diferentes instituciones
SE QUEREDES COÑECER MÁIS DO PROXECTO PODEDES VISITAR A SÚA PÁXINA WEB E DESCARGAR OU PEDIR OS MATERIAIS PARA TRABALLAR NAS AULAS.

23.10.10

SAMAÍN 2010!!!



Esta semana imos celebrar o Samaín organizando un concurso de cabazas. As bases do concurso pódelas ver no seguinte tríptico informativo. É moi importante seguir as indicacións para poder entrar en concurso .


O xoves pola tarde, dentro do proxecto de medo que levamos a cabo na escola faremos unha degustación de COMIDAS DE MEDO. A convocatoria indica que se pode participar individualmente ou de forma colectiva.

Estamos agardando pola orixinalidade e bo sabor das comidas pois ese día pola tarde poderemos degustalas terroríficamente!!!

Estades convidados a ver a nosa exposición de cabazas e comidas de medo na entrada do colexio en horario de 12 a 1 da mañá.
Agardámoste! Non faltes!!!

PUBLICACIÓN SAMAÍN 2010
Publicación samaín 2010 color
View more presentation

PARA SABER MÁIS DO SAMAÍN  



QUERES SABER MÁIS DA HISTORIA DO SAMAÍN?




ATRÉVESTE A TALLAR UNHA CABAZA ARREPIANTE??? AQUÍ PODERÁS FACELO!





LIBROS LIM SOBRE O SAMAÍN



ESCOLA DE CASALONGA: LIM DO SAMAÍN