28.3.10

CORRELINGUA 2010: 6ºA GAÑA O CONCURSO DE BANDA DESEÑADA DO CORRELINGUA!!!!!


CORRELINGUA 2010

GALEGO: A FORZA DO NOSO AMOR



O grupo de 6ºA do Colexio Bergantiños acaba de gañar o concurso de banda deseñada organizada polo CORRELINGUA. Os grupos de 6ºB e 6ºC tamén obtiveron unha mención especial do xurado.
A verdade é que levaban anos detrás deste premio e ao final obtiveron a súa recompensa. Os gañadores, xunto coa súa mestra, irán de viaxe convidados pola organización do CORRELINGUA.

 PARABÉNS!!!

Podedes ver a banda deseñada gañadora e as demais que se presentaron ao concurso no seguinte documento.



A VIVENDA: SOLUCIÓNS ECONÓMICAS, SOLUCIÓNS ECOLÓXICAS

25.3.10

CASAS ALTERNATIVAS

Convidámosvos a visitar a exposición sobre a vivenda alternativa e ecolóxica estamos celebrando no noso colexio. Grazas ao equipo de consumo, que acaba de gañar un merecidísimo premio, podemos aprender trucos para ser máis aforradores e eco...LÓXICOS.

6.3.10

EN TEMPO DE CRISE... AFORRO NO FOGAR

No CEIP Bergantiños imos aprender a facernos consumidores responsables.

Para ser consumidores responsables temos que ter en conta todas as repercusións:

• Sociais
• Ambientais e
• Económicas cando eliximos entre as opcións que nos ofrece o mercado.

Os cinco R do consumo responsable son:

• REDUCIR: mercar o necesario
RESPONSABILIZAR: debemos ter en conta ademais do prezo e a calidade o impacto ambiental e social.
• RECICLAR: separar e tirar ao colector que corresponda
• REUTILIZAR: non tires o que poida servir para outros usos.
• RECLAMAR: pregunta, infórmate, súmate ás campañas, fai que a túa voz se escoite e exerce os teus dereitos como persoa consumidora

Este curso imos aprender un pouco. mellor a ser :

CONSUMIDORES RESPONSABLES DE AUGA E ENERXÍA

BÓTALLE UN OLLO aos nosos consellos no documento que atoparás a continuación!


1.3.10

NOVA ACTUALIZACIÓN DA WIKIBERGAN



Na WIKIBERGAN poderás atopar ún novo apartado sobre as LETRAS GALEGAS 2010. Alí encontrarás enlaces a páxinas web e a actividades, videos,... que se centran en UXÍO NOVONEYRA.

Hai moito máis que ver. Descubre o apartado de traballos do ENDL, onde imos publicando o que imos facendo ou cousas interesantes que atopamos na red.