29.4.10

LETRAS GALEGAS 2010

Agora que se aproxima o día das letras galegas queremos achegarvos unha serie de enlaces e materiais para que lles podades sacar proveito.
Ánimo!!!

13.4.10

Tíralle da Lingua 2010!!!!

XA TEMOS GAÑADORES DO FESTIVAL TÍRALLE DA LINGUA!!!!
PARABÉNS A TOD@S OS PARTICIPANTES...

Pois si, este martes pola tarde celebramos a final, a nivel colexio, do concurso organizado pola AS-PG: Tíralle da lingua.

Participaron alumnos e alumnas de todos os ciclos de Primaria. O nivel de participación foi altísimo e os nenos/as estaban desexando contar os seus contos.

A temática foi do máis variado: contos fantásticos, reais, populares, inventados por eles mesmos, monólogos, etc. Ao final os gañadores foron:


1º ciclo:Irene, Sergio e Javier de 2º A



2º ciclo: Max e Manuel de 4º A



3º ciclo: Pablo e Mario de 6º C



Os nosos representantes irán a Santiago á final galega. Ánimo e moita sorte!!!.



Parabéns a tod@s os participantes. Sabemos que foi unha tarefa difícil pero soubestes saír dela con nota!! E é que en Carballo hai moi boa canteira de CONTADORES!!!

11.4.10

Tíralle da Lingua

O VINDEIRO MARTES 13 de ABRIL TERÁ LUGAR NO XIMNASIO DO COLEXIO O FESTIVAL DO TÍRALLE DA LINGUA NO QUE PARTICIPARÁN PRETO DUNS 40 RAPACES  E RAPAZAS. NESTE FESTIVAL ELEXIREMOS AOS FINALISTAS QUE NOS VAN A REPRESENTAR EN SANTIAGO O 29 DE MAIO NO TEATRO PRINCIPAL.

ESTE É O NOS CARTEL ANUNCIADOR!!!

Ah! ESTADE MOI ATENTOS AO SORTEO DE AGASALLOS QUE SE VAI LEVAR A CABO AO REMATE DO CONCURSO. MOITA SORTE PARA TOD@S!!!!

VIVENDA POPULAR GALEGA E VIVENDA POPULAR DE ESPAÑA

Dentro do Proxecto CASAS DE AQUÍ E DE ACOLÁ estamos estudando como é a vivenda popular galega e a española. Podedes ver un resumo no seguinte documento...