2.7.10

NOVA PÁXINA WEB DO PROXECTOTERRA PARA PRIMARIA CON MATERIAIS MOI INTERESANTES

O Proxecto Terra  ten como obxectivo contribuír a que os cidadáns perciban a arquitectura e o territorio como piares básicos da nosa cultura.  Partindo do convencemento de que este obxectivo nunca se logrará acadar se non conseguimos que o feito arquitectónico e territorial adquira unha sólida presenza no ámbito da educación, o proxectoterra é un proxecto de intervención educativa dirixido ás distintas etapas da Educación Obrigatoria co fin de contribuír a mellorar o coñecemento que os escolares de Galicia deben ter da nosa arquitectura e da nosa identidade territorial. Este é un proxecto do Colexio Oficial de arquitectos de Galicia.
 
Na nova páxina web podedes atopar publicacións, material para o profesorado, material para o alumnado, videos, materal complementario, etc.