26.2.11

RECEITAS CON IMAXINACIÓN

DESDE HAI UNS DÍAS NA BIBLIOTECA DO COLE ESTÁN PASANDO COUSAS MOI,

MOI RARAS... O ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA METEUSE A COCIÑEIRO E PREPARAN UNHAS DELICIOSAS RECEITAS MOI IMAXINATIVAS. AO COLE ENTEIRO LLE GUSTA SABOREALAS E IMOS A POUQUIÑOS DURANTE O PROXECTO LECTOR.
É UN MOMENTO MAGNÍFICO PARA DEGUSTAR A COCIÑA DE BERGANTIÑOS.

SE QUEREDES COMPROBAR COMO SON AS NOSAS RECEITAS PODEDES FACELO A CONTINUACIÓN!!
QUE APROVEITE!

23.2.11

MARABILLOSA CHARO PITA!!!

A VERDADE É QUE NOS ENGAIOLOU A TOD@S: AO ALUMNADO QUE PEDÍA MÁIS, MÁIS... AS PROFES QUE ESTABAMOS ABRAIADAS DO BO FACER DESTA MULLER CONTACONTOS. PASAMOS UNHA MAÑÁ DE CONTO, E NON É PARA MENOS XA QUE COS CONTOS ESTAMOS!
FOI ESTE MARTES, E VEU A VISIOTARNOS CHARO PITA. CHARO DEMOSTROU COMO SE PODE CAPTAR A ATENCIÓN DO PÚBLICO DESDE O PRIMEIRO MOMENTO ATA O ÚLTIMO. SORPRENDEU COA SÚA VOZ, COS CAMBIOS DE TONALIDADE, COAS CANCIÓNS, COS CONTOS, COS APARELLOS E COA SÚA MALETA VIAXEIRA...
ESTE CONTACONTOS NO QUE COLABORAMOS COA ASPG FOI PARA PREPARAR O CONCURSO DE RELATO ORAL TÍRALLE DA LINGUA. ESTIVO XENIAL, NON TEMOS PALABRAS! NORABOA, CHARO!!!

ALGÚNS DOS CONTOS QUE CHARO NOS CONTOU FORON:



AQUÍ TEDES ALGUNHAS FOTOS DA XORNADA...

19.2.11

MOI BOA RECOMPILACIÓN DE RECURSOS PARA O ENTROIDO

A COORDINADORA GALEGA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA OFRÉCENOS UNHA MOI BOA RECOMPILACIÓN DE RECURSOS PARA O ENTROIDO. UNIDADES DIDÁCTICAS, INFORMACIÓN, COPLAS, CANTIGAS, MÁSCARAS, MANUALIDADES, ...
PODES BOTAR UN OLLO NO SEGUINTE ENLACE


11.2.11

PROXECTO: PUNTO DE LECTURA


CO FIN DE PROMOVER A LECTURA EN GALEGO, NO CEIP BERGANTIÑOS VIMOS  DE POÑER EN MARCHA UN PROXECTO EN COLABORACIÓN CON VARIOS LOCAIS DE CARBALLO que consiste en ler libros en galego cando imos cos papás, mamás, avós, avoas,… a tomar un descanso a unha cafetería.



do mesmo xeito que os maiores poden ler o xornal, nós podemos atopar libros en galego para pasar un bo anaco. despois volvemos a colocalo no seu lugar e ata outro día.

Sempre que vexas o cartel que aparece máis abaixo poderás escoller entre varios títulos para desfrutar da lectura. 



Logo poderás anotar o teu nome, curso, e cole NO FINAL DO LIBRO  E ACADAR O CARNET DE LECTURA.

BUSCA OS PUNTOS DE LECTURA MÁIS PRÓXIMOS E PONTE A LER!!!
  • CAFETERÍA RANKI
  • CAFETERÍA PAZO DA CULTURA
  • CAFETERÍA DE MAR 
     Para poñer en marcha o proxecto preparamos unha caixas con diferentes títulos adapatados ás diferentes niveis de primaria. Cada caixa contén catro títulos moi atractivos para esas idades: Gerónimo Stilton, Tonecho de Rebordechao, O misterio dos fillos da lúa, Os Bolechas. Queredes ver como nos quedaron ao final?

Estes son algúns dos libros que poderedes atopar...

E aqui tedes a fotografía da CAFETERÍA DE MAR co PUNTO DE LECTURA

CONTOS AO PÉ DA LAREIRA




Este ano estamos desenvolvendo un proxecto sobre os contos e na hora do proxecto lector convertimos a bilioteca nunha lareira na que o alumnado que quere contar contos pode facelo tendo aos máis pequenos como público. Esta resultando moi satisfactoria a experiencia. As compañeiras da biblioteca sempre teñen un agasallo especial para os contadores. Deste xeito, sempre hai quen queira transformarse nun experto  contacontos.
Mirade nas seguintes fotografías o ben que o pasamos!!!



Un dos contos que contaron foi o dos TRES CHIBOS CHIBÓNS da Editorial Kalandraka.




Pero houbo moitos, moitos máis: A BRUXA REGAÑADENTES, O SOLDADIÑO DE CHUMBO,...



2.2.11

AS PALABRAS DOCES

Neste trimestre imos traballar o tema do amor e dos sentimentos. Para ir empezando un conto en formato ppt para pequeniños que nos ten que facer reflexionar tamén aos máis maiores: AS PALABRAS DOCES(atopámolo no blog TERTULIA DE MAESTR@S). A ver se somos quen de dicir máis palabras doces ao noso redor!!! Se saen unha vez, un día,... logo xa están na nosa vida e poderemos dicilas con máis facilidade. Intentámolo???