27.4.11

CÓNTAME UN CONTO


O martes pola tarde tivemos unha actividade moi bonita no patio do colexio. Os nenos e nenas de infantil de 5 anos ían a contar un conto ao alumnado de terceiro. Era un día precioso, o campo estaba cheo de floreciñas e facía sol. Os maiores, sentaron na herba e agardaron. Ao pouquiño chegaron os pequeniños e cada un foise sentar cun maior. Ao principio estaban un pouco serios, pero pouco durou. Xa veredes...

Fixemos as presentacións e  cando xa nos coñecíamos comezou o CONTACONTOS.

Os nenos e nenas de infantil prepararon moitos, moitos  contos. Algúns dos que poidemos escoitar foron: Os tres porquiños, A casiña de chocolate, O soldadiño de chumbo, Once damas atrevidas, Irmán Oso, Sacapenas, ...

Queres ver as fotos desa xornada marabillosa??? Velahí vai...


E para rematar dous pequenos anaquiños dese contacontos...




MOITAS GRAZAS POR FACERNOS PASAR UN ANAQUIÑO TAN ESPECIAL!!!

No hay comentarios: