5.4.11

TÍRALLE DA LINGUA 2011

HOXE celebramos o FESTIVAL DO TÍRALLE DA LINGUA!!! Desde as 12. 00 da mañá ata as 17.30 (cunha pausa para comer)  os máis de oitenta participantes de primaria  demostráronnos que en Bergantiños a oralidade está viva e o galego flúe do alumnado tanto con historias reais, imaxinarias, inventadas por eles ou da tradición. 

Estamos moi satisfeitos de que case un 25% do alumnado de primaria do centro  tomara parte  neste concurso. 
 
Isto é un feito moi salientable pois para todos e todas resulta difícil poñerse diante dun auditorio de máis de 400 persoas e contar un relato, conto, monólogo, etc. No colexio temos unha boa canteira de contadores e contadoras e isto demóstrase ano tras ano vendo como aumenta a participación.

O concurso celebrouse en dúas quendas: Primeiro ciclo e segundo ciclo pola mañá e o terceiro ciclo pola tarde. En cada ciclo houbo un gañador/a e un finalista. O alumnado podía participar de xeito individual ou en grupo. Ao final a clasificación quedou do seguinte xeito:

1º ciclo: Gañadora=Sara Pose Rama co conto titulado "o Lobo"
              Finalista= Valeria Ramos Busto co conto titulado " A noite das mudanzas"

2º ciclo: Gañadores= Miguel Porteiro Cotelo e Adrián Varela Nieto co monólogo sobre " Como nos enganan cando somos pequenos"
              Finalista= Gabriel Pablo Gundín Santos co conto " O coelliño branco"

3º Ciclo: Gañador= Max Souto Reino co seu monólogo sobre o "contador de historias"
              Finalista= Francisco Rey Pereira co seu monólogo sobre " As novas da Candaira"




O equipo de Dinamización da Lingua Galega quere felicitar a todos e todas os participantes por facer hoxe unha gran festa da oralidade galega na escola.


Agora os nosos campións irán a representar ao colexio na final autonómica que se vai celebrar no Teatro Principal de Santiago de Compostela a finais de abril.
O concurso do Tíralle da Lingua persegue dous obxectivos básicos:
  • Utilizar o galego oralmente,
  • e contar historias de todo tipo en galego.
Este concurso é unha iniciativa da ASPG na que colaboramos todos os anos.

Queredes ver aos nosos estupend@s finalistas e gañadores???
 Sara e Valeria
 Gabi, Adrián e Miguel
Max e Fran
E como non agora podedes ver as fotos dos contadores e contadoras de historias!!!


    No hay comentarios: